Commons:Freedom of Panorama 2015/Talking points/gl

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of a page Commons:Freedom of Panorama 2015/Talking points and the translation is 100% complete. Changes to the translation template, respectively the source language can be submitted through Commons:Freedom of Panorama 2015/Talking points and have to be approved by a translation administrator.

Liberdade de Panorama

Liberdade de panorama, o dereito a publicar fotos de edificios e esculturas en lugares públicos, existe en varios pero non en todos os países Europeos. Onde existe, os detalles nas leis varían.

Argumentos principais:

  • 28 versións diferentes da Liberdade de Panorama provoca inseguridade xurídica e riscos, o que dificulta a creatividade e innovación.
  • Temos tres estudos paralelos da posta en práctica e todos con resultados diferentes.
  • O dereito a usar imaxes tomadas en espazos públicos é unha parte da liberdade de expresión.
  • É imposible e non desexable controlar o uso deste tipo de imaxes. Manter leis impracticábeis e amplamente inaplicables provoca unha lexislación inefectiva e grandes custos de operación.
  • Unha excepción universal da Liberdade de Panorama en Europa podería significar menos custos de operación (voluntarios Wikipedia, fotógrafos, pequenas editoriais, bloggers, medios de comunicación en liña)

Respostas a contra-argumentos comúns

  • Pero, estades intentando eliminar a elección do autor de que facer coa súa creación?
    • O autor realiza a decisión activa de formar parte do espazo público. O espazo público non entra no taller do autor.
  • Está ben que unha persoa simplemente faga unha fotografía e a use de forma privada, pero non quero que unha gran compañía use o meu traballo para unha campaña de publicidade sen preguntarme! Só se debe permitir o uso non comercial.
    • Non comercial/comercial son termos legais en liña moi ambiguos. Crean unha zona gris que provoca un risco legal para Pymes, persoas e ONGs.
    • Enviar unha imaxe a un servizo que engade anuncios (como Facebook ou Instagram) pode ser considerado uso comercial nalgúns contextos -un selfie en fronte da Torre Eiffel de noite ou en fronte da Pirámide do Louvre non debería ser un problema co copyright deses edificios.
    • Moitas institucións educativas e cursos non están financiados completamente con diñeiro público, o que fai que sexan operacións comerciais. Non queremos excluílos.
    • Aínda que Wikipedia é un proxecto non comercial, pode considerarse que ten un ámbito comercial. Outros usos en liña, como bloggers que teñen anuncios nas súas páxinas para cubrir os custes de aloxamento ou como os medios sociais que ben poden ser considerados comerciais.
  • E que pasa se grupos nacionalistas e racistas collen o meu traballo e únsano para a súa odiosa propaganda?
    • A Liberdade de Panorama non pon en perigo os dereitos morais e persoais dos autores.
  • Non cres que os autores merecen unha remuneración xusta polo seu traballo?
    • Dos sete países da UE onde os arquitectos e os artistas visuais teñen as maiores gañancias, seis teñen unha Liberdade de Panorama completa e sen restriccións. A excepción é Luxemburgo.
    • Os cartos que as sociedades recolectoras de artistas visuais recolectan cambiaría de forma insignificante, como moitos dos usos de artes visuais - en parques, galerías, modelos 3D, exposicións públicas temporais - non serían cubertos por esta excepción.

Información do Sector Público

Os traballos públicos son pagados polos cidadáns e deben pertencer ó público. Ademais de ser un principio xusto, isto beneficia á democracia e á sociedade civil ó tempo que ó desenvolvemento económico. Os traballos producidos pola cidadanía diferéncianse doutros traballos en varios sentidos:

Argumentos principais:

  • O copyright é un incentivo para a creatividade. Este incentivo non é necesario para a acción de goberno.
  • A creación destes traballos xa foi pagada pola cidadanía e por iso deben estar dispoñibles para o uso e re-uso da cidadanía.
  • A protección de copyright algunhas veces é usada de forma abusiva para evitar a discusión pública de documentos oficiais.

Respostas a contra-argumentos comúns:

  • Estou preocupado porque os datos persoais das persoas poden estar en risco.
    • O copyright é unha ferramenta económica e non un mecanismo de protección. Todas as leis de protección de datos mantéñense vixentes incluso para ó contido ó que non se lle aplica o copyright.
  • O goberno a miúdo ten información sensible que necesita manter secreta.
    • Os documentos secretos son secretos. O estado de Dominio Público para os traballos do goberno non é un problema de control de información, xa que se aplicaría só ós documentos xa publicados.
  • No noso arquivo de prensa temos unha foto dun neno Africano. Queremos subila a Commons, pero estamos preocupados pola política de "non comercial". Non queremos que a imaxe dese neno sexa usada por calquera para algunha campaña de publicidade ou de recadación de fondos.
    • Os dereitos persoais e morais non son danados ó poñer no Dominio Público os traballos producidos polo goberno. O copyright é unha ferramenta económica.
  • As institucións públicas moitas veces carecen de fondos e necesitan obter beneficios do seu traballo.
    • O propósito dos servizos públicos é servir ó público, así que iso debe ser a prioridade.
  • Ceder todo o contido creado con fondos públicos só fará máis doado que Google/Facebook consigan cartos e sigan monopolizando os mercados.
    • As grandes compañías poden conseguir os dereitos e pagar as licenzas e os custes de transacción. Son as Pymes, empresas emprendedoras e persoas individuais os que sempre carecen dos recursos para facer iso. O Dominio Público para a información do sector público axudaría a nivelar os custes.