File:2165-Igrexa de Santiago na Cidade Vella da Coruña.jpg

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search

Original file(3,200 × 2,400 pixels, file size: 1.82 MB, MIME type: image/jpeg)

Captions

Captions

Add a one-line explanation of what this file represents
Description

A igrexa de Santiago é o templo coruñés principal e o máis antigo. Comezouse a construír no século XII, durante o reinado de Fernando II. No seu adro reuníase o concello desde o século XV.

A planta orixinal contaba con tres naves, que foron reducidas a unha só, de estilo oxival, no século XV. A fachada principal é románica e sobresae do muro nun bloque. Na arquivolta central aparecen os vinte anciáns do Apocalipse cos seus instrumentos musicais escoitando ao Salvador. O tímpano está sostido por anxos e nel aparece Santiago a cabalo. Esta figura, e algunha outra, proceden doutra parte. Polo leste hai tres ábsidas románicas, divididas no exterior por columnas con capiteis vexetais; a da esquerda está seccionada por un esquinal da torre. A igrexa conta con tres portas, das que a do norte é a máis antiga. O tímpano está sostido por dúas mochetas con cabezas de bovinos e representa un año entre dous circos que sostén unha cruz coas patas. A porta sur tamén é románica e ábrese á sancristía. A torre é igualmente románica, aínda que houbo de ser reparada no 1607 a causa dalgunha explosión, xa que foi o polvorín da antiga cidade. Forma un curioso recuncho coa casa do Consulado na que é a rúa máis curta da Coruña, a da Reixa Dourada. Resaltan os canzorros que sosteñen o beiril do tellado e o rosetón no testeiro da nave.


Traido da Galipedia.

A arte románica espallouse dende Francia ao resto da Europa occidental a partires do século XI. O estilo chegaría á península Ibérica da man do Camiño de Santiago cuxas vías principais confluían en Compostela, vila onde se dirixían milleiros de peregrinos de toda Europa que viñan a louvar a suposta tumba do apóstolo Santiago. A data de chegada do estilo a España é aproximadamente entre o século XI e comezos do XII.

Algunhas das principais paradas do Camiño, serían as primeiras en desenvolver este estilo, erixíndose igrexas, catedrais e mosteiros, como a catedral de Jaca, a igrexa monástica de San Martín de Frómista, a basílica de San Isidoro de León e as primeiras pedras da catedral compostelá.

A época de expansión do estilo pola península, coincide coa ocupación musulmá, desenrolándose deste xeito o Románico pola parte setentrional da península, non ocupada polos mouros. As principais mostras deste arte pódense atopar por toda a xeografía do país, destacando, xunto a catedral compostelá os mosteiros medievais da Ribeira Sacra onde se poden atopar numerosos mosteiros románicos entre as provincias de Lugo e Ourense.

Fonte: Galipedia

O termo románico, como concepto que define un estilo artístico, foi utilizado por primeira vez en 1820 por Charles de Gerville, considerando con este termo toda a arte que se realiza anterior ó estilo gótico dende a caída do Imperio Romano; e por analoxía ó termo xa coñecido de linguas románicas, a arte románica sucedía á arte antiga tal e como as linguas románicas eran as sucesoras do latín. Posteriormente, a acepción de arte románica foise restrinxindo e pasou a designa-la arte desenvolvida en Occidente entre os séculos XI e XII, aínda que aínda hoxe seguen as controversias para determinar con exactitude a amplitude de espazo e tempo que abrangue este estilo.
Date
Source Flickr: 2165-Igrexa de Santiago na Cidade Vella da Coruña
Author Jose Luis Cernadas Iglesias
Permission
(Reusing this file)
This image, which was originally posted to Flickr, was uploaded to Commons using Flickr upload bot on 25 July 2011, 02:12 by Pauk. On that date, it was confirmed to be licensed under the terms of the license indicated.
w:en:Creative Commons
attribution
This file is licensed under the Creative Commons Attribution 2.0 Generic license.
You are free:
  • to share – to copy, distribute and transmit the work
  • to remix – to adapt the work
Under the following conditions:
  • attribution – You must give appropriate credit, provide a link to the license, and indicate if changes were made. You may do so in any reasonable manner, but not in any way that suggests the licensor endorses you or your use.

File history

Click on a date/time to view the file as it appeared at that time.

Date/TimeThumbnailDimensionsUserComment
current02:13, 25 July 2011Thumbnail for version as of 02:13, 25 July 20113,200 × 2,400 (1.82 MB)Flickr upload bot (talk | contribs)Uploaded from http://flickr.com/photo/38035878@N07/5965037818 using Flickr upload bot

File usage on other wikis

The following other wikis use this file:

Metadata